Evento: Canjazz

  • Canjazz
Canjazz
domingo, 19 agosto, 2018 a mércores, 22 agosto, 2018
Varios espazos da vila,
Cangas

Canjazz

XXI edición do festival

Actividades formativas e música únense no Canjazz, o Festival internacional de jazz de Cangas. A edición de 2018 supón a número 21 deste evento, que ao longo de tres xornadas reunirá clases maxistrais, obradoiros e charlas con actuacións musicais. 

No apartado formativo, as sesións impartiranse con figuras nacionais e internacionais, relacionadas tanto coa música jazz como con temas xenéricos da produción musical. Hai tamén propostas didácticas para público infantil.

A programación musical conta con actuacións na sesión vermú e pola noite. Distribúese por diversos espazos da vila e chega, incluso, ata Aldán.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos