Evento: Treixadura

Treixadura
domingo, 19 agosto, 2018 - 22:00
Alameda,
Ponte Caldelas

Treixadura

Xira de verán Inda canto!

 

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional. 25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Máis eventos de tipo Concerto

THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón