Evento: Festiclown 2018

Festiclown 2018
xoves, 9 agosto, 2018 a martes, 14 agosto, 2018
Varios espazos,
Vilagarcía de Arousa

Festiclown 2018

Festival Internacional de Clown

O Festival Internacional de Clown de Festiclown leva desde o 2001 desenvolvéndose en varias cidades, ao comezo de Galicia, pouco a pouco do mundo enteiro. Das primeiras edicións, en Compostela e despois en Vigo, até os actuais Festiclown 2.0 Multisede, que se espallan por varios continentes. No 2016 tiveron lugar o Festiclown en Galicia, en Vilagarcía por segundo ano, en Melilla, e por primeira vez en Cataluña, dentro do Festival Esperanzah! Ao tempo, desenvolvíase en varias comunidades do Brasil o Festiclown pela Terra. A base do Festiclown está nas rúas e nas prazas: a cultura a través dos pallasos e das artes circenses sae á rúa para ir ao encontro directo co público, que atopa unha festa do humor e da alegría espontaneamente, nun paseo ou indo facer recados. E mesmo nos lugares máis conflitivos, como diante do valado de Melilla, ou nas retomadas de terra no Brasil, os clown chegan a todos os lugares onde son necesarios. Festiclown vai moito máis alá do espectáculo: ten un importante apartado formativo, con algúns/has dos profesores/as máis destacados da escena internacional do clown. Tamén ten un apartado social e solidario, completando as actuacións con charlas, proxeccións, debates e outras actividades.

En Vilagarcía de Arousa este ano haberá un completo programa con máis de 20 actividades entre o 9 e o 13 de agosto. Podes consultalo na web do festival.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade