Evento: Capella Sancta Maria

  • Capella Sancta Maria
Capella Sancta Maria
sábado, 8 setembro, 2018 - 20:30
Igrexa de Santa María,
Baiona

Capella Sancta Maria

Concerto do conxunto vocal profesional 

Con base en Amsterdam, a agrupación Capella Sancta Maria destaca pola súa especialización en música do Renacemento. Composto por un cadro internacional de cantantes de primeira liña ás ordes do director coruñés Enrique López-Cortón, os seus programas caracterízanse pola súa contribución á revisión e ampliación dos repertorios vocais dos séculos XV e XVI. 

O programa Tristezas me matan ilustra o momento no que se introduce o estilo franco-flamengo na península Ibérica, a través da figura de Cristóbal de Morales. O título está tomado dunha das súas primeiras misas, unha peza baseada na canción anónima que lle dá nome, practicamente esquecida. Xunto con pezas de Morales, serán interpretadas obras do seu mestre Josquin de Prés e do seu coetáneo Nicolas Gombert.

 

Formación

Mónica Monteiro, soprano

Sophia Patsi, contralto

João Moreira, tenor

Peter de Laurentiis, tenor

Romein Bockler, barítono

Joel Frederiksen, baixo

 

Dirección: Enrique López-Cortón

 

Este evento forma parte da programación de Espazos Sonoros 2018, unha proposta cultural organizada pola Xunta de Galicia para achegar á cidadanía a lugares singulares do patrimonio, a través dun programa de actuacións de música e visitas.

Máis eventos de tipo Concerto

Festicultura o mellor para perder a cordura
8 de agosto
Área recreativa A Roxica
Carabela
8 de agosto
Arca da Noe
Os piñeiros
9 de agosto
Praza do Camiño