Evento: O Camiño Real a San Pedro de Rocas
O Camiño Real a San Pedro de Rocas
Visita ao que está considerado o terceiro centro dos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia: o mosteiro de San Pedro de Rocas. Este templo excepcional será a derradeira parada dun percorrido polo chamado Camiño Real, que desde Esgos aínda conserva o seu pavimento, as marcas das carruaxes e, sobre todo, o paso do tempo entre unha vexetación desbordante e fermosa. Repasarase a historia dos camiños: desde as vías romanas e as vías medievais, ata os camiños reais, que deron lugar a parte das estradas da actualidade. Falarase das árbores, muros, penedos e petos de ánimas protagonistas desta obra mestra dos camiños galegos e gozarase dunha actuación de Os amigos dos Músicos.
Cos camiñantes convidados Nieves Amado Rolán e Rebeca Blanco-Rotea, arqueólogas, e María Abuin Fernández, guía e confundadora da empresa especializada en andainas pola Ribeira Sacra Máis que Románico.
Prazas limitadas a 90 persoas. Inscrición do 13 ao 17 de agosto no web http://monumentagalicia.com/
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro