Evento: Meigas e feitizos con Gustav Henningsen

Meigas e feitizos con Gustav Henningsen
sábado, 18 agosto, 2018 - 18:00
Concello de Ordes,
Ordes

Meigas e feitizos con Gustav Henningsen

Actividade de Monumenta, andar con arte

É un reto realizar unha andaina arredor do patrimonio inmaterial porque as pegadas son, en moitos casos, invisibles, pero tamén é unha oportunidade para experimentar e traballar coa imaxinación. Esta andaina de Monumenta será un paseo por Ordes, en conversa con Xavier Groba, un dos dous autores do libro Gustav Henmingsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968. Volverase a aquela Galicia máxica dos anos sesenta, mentres se visitan os graffitis e murais que cada ano programa o festival Desordes Creativas.

Tralo-Valo é o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretarán cancións do repertorio gravado polo antropólogo G. Henningsen en Galicia (1964-1968), fundamentalmente da bisbarra de Terra de Ordes.

Prazas limitadas a 90 persoas. Inscrición do 13 ao 17 de agosto no web http://monumentagalicia.com/