Evento: Visita ás Ruínas de San Domingos
Visita ás Ruínas de San Domingos
Visita ás Ruínas de San Domingos
Organizadas polo Museo de Pontevedra
Do convento de Santo Domingo, en Pontevedra, un exemplo do gótico galego, só se conservan a cabeceira de cinco ábsidas, parte do muro sur da igrexa e a entrada ó capítulo do convento. O edificio foi entrando nun estado ruinoso ao longo do século XIX, sendo derrubadas algunhas das súas partes na segunda metade do século e empregándose incluso parte dos seus materiais na pavimentación das rúas. Hoxe en día forma parte do Museo de Pontevedra, do que é o edificio máis antigo. Durante o verán, o museo organiza unha serie de visitas guiadas para descubrir a historia do edificio.
Horario das visitas
De martes a venres: 12 h e 17:30 h
Sábados: 17:30 h
Domingos e festivos: 12 h
Non é necesaria inscrición
Ligazóns