Evento: Visita ás Ruínas de San Domingos

Visita ás Ruínas de San Domingos
domingo, 1 xullo, 2018 a mércores, 31 outubro, 2018
Museo de Pontevedra,
Pontevedra

Visita ás Ruínas de San Domingos

Organizadas polo Museo de Pontevedra

Do convento de Santo Domingo, en Pontevedra, un exemplo do gótico galego, só se conservan  a cabeceira de cinco ábsidas, parte do muro sur da igrexa e a entrada ó capítulo do convento. O edificio foi entrando nun estado ruinoso ao longo do século XIX, sendo derrubadas algunhas das súas partes na segunda metade do século e empregándose incluso parte dos seus materiais na pavimentación das rúas.  Hoxe en día forma parte do Museo de Pontevedra, do que é o edificio máis antigo. Durante o verán, o museo organiza unha serie de visitas guiadas para descubrir a historia do edificio. 

Horario das visitas 

De martes a venres: 12 h e 17:30 h
Sábados: 17:30 h
Domingos e festivos: 12 h
Non é necesaria inscrición

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas: O Barroco
7 de xuño
Museo de Belas Artes
Visitas guiadas: O Rexionalismo
7 de xuño
Museo de Belas Artes
Roteiro “Compostela, cidade amurallada”
11 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ourense removido
20 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense