Evento: A casa do terror
A casa do terror
Xoán Curiel e a Banda Son+d2 presentan no FalaRedes o seu novo espectáculo: A casa do terror, que será un libro-disco editado por Galaxia ao longo do ano 2018.
A casa do terror é unha aventura, na cal un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos.
A perspectiva do terror trátase neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de orixinais personaxes coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc.
Este é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente. Desde o primeiro instante o público será partícipe desta terrorífica aventura na que haberá risas, coreografías e algún que outro susto.
A actividade é libre ata completar a capacidade.
Máis eventos do ciclo FalaRedes



