Evento: Verán no Museo Pazo de Tor

  • Museo Pazo de Tor
Verán no Museo Pazo de Tor
martes, 3 xullo, 2018 a sábado, 18 agosto, 2018
Museo Pazo de Tor,
Lugo

Verán no Museo Pazo de Tor

A Rede Museística da Deputación de Lugo organiza actividades durante o verán

Este verán, os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo organizan unha morea de actividades para todas as idades, todas elas ideadas para descubrir novos mundos e expresións culturais.

 

Obradoiros:

Máscaras africanas - 3 de xullo de 11:00 a 14:00h

Coñecerás a Colección Xoán Anllo. Arte africana, que se expón nunha sala do MPLugo, e inspiraráste para facer a túa propia máscara africana.

Memoria do pan. Cultura de masas - 10 de xullo a partir das 11:00.

Impartido por Leonardo Casado e Encarna Lago para público adulto.

Campamento de arqueoloxía - 19 e 20 de xullo de 11:30 a 13:30h

Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta. Idades de 4 a 12 anos.

Sábados no Museo Pazo de Tor - 15, 22 e 29 de setembro de 11:00 a 13:30h

Unha experiencia en familia para achegarse ao Pazo de Tor con ollos de artista e de comisarios. 

O misterio do labirinto - 3 de agosto de 11:30 a 13:30h

O Pazo foi posuído polo espírito do labirinto e as súas portas pecháronse misteriosamente deixándonos a todos no seu interior. Soamente colaborando en equipo poderás atopar o xeito de saír. Idades de 4 a 14 anos

Un día de labores nun pazo - 8 de agosto de 11:00 a 13:30h

Actividade para coñecer a horta e o forno do pan. Cocerás o pan e farás outros labores propios dun Pazo.

Actividade do gravado (estampación) - 27 de xullo de 11:30 a 13:30h

Iniciaráste no gravado e indagarás máis nas coleccións de gravados que o Museo Pazo de Tor alberga. Idades de 4 a 14 anos

Roteiro polos dominios de Tor - 10 e 18 de agosto de 10:30 a 12:00h

Será un percorrido polos anexos do Pazo e pola finca, localizando elementos estruturais agropecuarias do Pazo e flora de interés xeolocalizada. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Mulleres, ritmo e tradición
7 de xuño
Pazo da Peregrina de Bertamiráns
Obradoiro de encadernación cruzada
11 de xuño a 13 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés