Evento: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

  • MIT Ribadavia
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
sábado, 14 xullo, 2018 - 21:00
Varios espazos da vila,
Ribadavia

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Representacións, obras na rúa, música e moito máis na 34ª edición do evento

A Mostra Internacional de Teatro, a MIT de Ribadavia, chega á súa 34 edición cun total de 21 representacións e un reforzo de espectáculos de rúa: as artes escénicas saen do Auditorio do Castelo para repartirse polas prazas e espazos da vila. A comedia musical, as linguaxes híbridas da escena actual e a diversidade son outras das liñas mestras que conforman o programa deste ano.

O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó, que despois xirará por outros festivais de verán e teatros do país. O de clausura será a estrea en Galicia do espectáculo inglés The Table, de Blind Summit, premio do Festival Fringe de Edimburgo e un dos mellores espectáculos do mundo segundo varios medios como The Guardian, Sunday Telegraph ou Chicago Sun Tribune.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
V EDICIÓN PLATAFORMA. FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS
16 de maio a 25 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea