Evento: Duo Finisterrae. 10 anos de música

  • Finisterrae
Duo Finisterrae. 10 anos de música
martes, 26 xuño, 2018 - 20:30
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Duo Finisterrae. 10 anos de música

Actuación do dúo de intérpretes de frauta e arpa

Finisterrae son Bleuenn Le Friec e André Cebrián, que tocan arpa e frauta respectivamente. A agrupación nace en 2008 na Hochschule für Musik Detmold, en Alemaña, onde André e Bleuenn completan os seus estudos superiores. A súa formación musical lévaos a estudar nos conservatorios de Santiago de Compostela, Salamanca, San Sebastián, París e Frankfurt cos profesores máis prestixiosos do panorama musical actual.

Ambos forman parte da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e da GMJO (Gustav Mahler Jugendorchester) o que lles dá a oportunidade de tocar nas salas de concertos europeas máis importantes.  Tocan con frecuencia nas orquestras de Galicia, Castilla y León, Euskadi, Cataluña, Canarias, Liverpool e nas óperas de Frankfurt, Dresden e Barcelona. O dúo ten participado en diferentes festivais.

Na actualidade, Bleuenn e André compaxinan a súa actividade en concertos coa docencia no Conservatorio Superior de A Coruña e a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela a primeira e no Conservatorio Superior de Música de Aragón, o segundo.

Máis eventos de tipo Concerto

Homenaxe á música latina
28 de agosto
Praza da Galicia
Catas sonoras
28 de agosto
Museo do Viño de Galicia
Concerto
29 de agosto
Praza do Concello
Concerto de Abril Dúo
29 de agosto
Praza Castelao