Evento: Pepe Vaamonde Trío

Pepe Vaamonde Trío
xoves, 15 agosto, 2019 - 13:30
Praza do Concello,
Riós

Pepe Vaamonde Trío

Concerto de folk

Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.

PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

O último que apague a luz
15 de xuño, 19:00
Auditoprio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
O medo é libre
15 de xuño, 20:00
Praza do Concello - Paderne - A Coruña
Os contos do Lobicán
17 de xuño, 20:00
Casa Cultura - Pontedeume - A Coruña
Ledicias 2.0
18 de xuño, 10:00
Corón- Caleiro - Vilanova de Arousa - Pontevedra