Evento: Vive Nigrán
Vive Nigrán
A segunda edición do festival Vive Nigrán realizarase nunha contorna espectacular: os arredores de Praia América e o Monte Lourido, poñendo en valor os espazos naturais do Concello de Nigrán.
Neste precioso lugar desenvolverase este picnic pop festival que pretende unir gastronomía, charlas, mercadillos, obradoiros e sesións DJ con actuacións musicais de grupos do panorama indie español e internacional.
Sidonie, Depedro, Bigott, Mueveloreina, Las Odio, Esteban & Manuel, The Limboos, Nathy Peluso, Calavento y Mujeres, son algúns dos grupos da súa carteleira musical.
O festival forma parte do circuíto de Festivais Rías Baixas, que tamén inclúe outras citas como PortAmérica, Atlantic Fest ou Revenidas.
Máis eventos de tipo Festival