Evento: Vive Nigrán

  • Vive Nigrán
venres, 20 xullo, 2018 - 11:00 a sábado, 21 xullo, 2018 - 00:00
Praia América
, Nigrán

Vive Nigrán

Segunda edición do picnic pop festival de Nigrán

A segunda edición do festival Vive Nigrán realizarase nunha contorna espectacular: os arredores de Praia América e o Monte Lourido, poñendo en valor os espazos naturais do Concello de Nigrán.

Neste precioso lugar desenvolverase este picnic pop festival que pretende unir gastronomía, charlas, mercadillos, obradoiros e sesións DJ con actuacións musicais de grupos do panorama indie español e internacional.

Sidonie, Depedro, Bigott, Mueveloreina, Las Odio, Esteban & Manuel, The Limboos, Nathy Peluso, Calavento y Mujeres, son algúns dos grupos da súa carteleira musical. 

O festival forma parte do circuíto de Festivais Rías Baixas, que tamén inclúe outras citas como PortAmérica, Atlantic Fest ou Revenidas.

Máis eventos de tipo Festival

ARTY Life
ARTY Life
10 de xuño a 29 de xullo
Sala MOOM 57
Más Que Jazz
Más Que Jazz
4 de xullo a 27 de xullo
Varios espazos
Rock & Dorna
Rock & Dorna
18 de xullo a 24 de xullo
Varios espazos
Festigal
Festigal 2018
24 de xullo a 25 de xullo
Varios espazos