Evento: Do clásico á bossa nova

Do clásico á bossa nova
domingo, 24 xuño, 2018 - 22:00
Teatro Real,
Lugo

Do clásico á bossa nova

Concerto dos brasileiros Dúo Santoro

No proxecto Do Clásico a Bosa Nova, o Dúo Santoro pretende mostrar, a través da fusión fóra do común entre violonchelo, harmónica e percusión, os dous lados da música brasileira: o erudito, nacionalista e con referencias ao folclore; e o popular coa sofisticación do samba e da Bossa Nova.

Único dúo de violonchelo en actividade permanente en Brasil, o Dúo Santoro, formado polos irmáns Paulo e Ricardo Santoro, completa 28 anos de existencia en 2018, con dous CDs gravados dedicados á música brasileira erudita e popular. Teñen realizado conciertos por todo Brasil, na República Dominicana e no Carnegie Hall en Nova York, con obras compostas especialmente para o dúo polos máis importantes compositores brasileiros.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
16 de agosto
Praza do Camiño
Concerto
16 de agosto
Paseo do Malecón
Concerto
16 de agosto
Praia fluvial de San Clodio
Conto-concerto
17 de agosto
Praza Alcalde Rojo Losada