Evento: Desconcerto na praia
Desconcerto na praia
Desconcerto na praia é unha xornada de concertos con algunhas das máis interesantes novas bandas galegas, nun recóndito e paridisíaco recuncho da Illa. Unha xornada chea de música, praia, natureza, e como non, estando na Illa, mexillóns, churrasco e demáis viandas estivais.
Este ano haberá un novo chiringo, unhas instalacións máis completas, a pé de praia, e unha oferta gastronómica que promete. E por suposto, non faltarán as mellores pinchadas e unha boa cacharela!
Desconcerto na praia discorre ao longo de todo o día, desde as 13:00h ata ben entrada a madrugada, e se ben é un evento de balde, precisan ter unha estimación do número de asistentes para que o chiringo conte con provisións para todos, polo que para asistir só piden que facer unha reserva reserva neste enlace: https://www.ticketea.com/entradas-festival-desconcerto-na-praia-2018/
Confirmarán lugar exacto e cartel próximamente.
Máis eventos de tipo Concerto