Evento: Depo Andainas 2018

domingo, 14 outubro, 2018 (hora sen determinar)
Punto de saída: centro de Gondomar
, Gondomar

Depo Andainas 2018

Roteiros guiados para poñer en valor a provincia de Pontevedra

O programa Depo Andainas promove unha serie de rutas destinadas á poboación en xeral que discorren por algúns dos puntos máis emblemáticos da provincia. Organizados pola Deputación de Pontevedra, os itinerarios desenvolveranse entre os meses de maio e outubro, agás no de agosto. 

Estas actividades son totalmente gratuítas, teñen un máximo de 300 persoas por evento e contan cun punto de encontro e finalización único. Ademais, contémplase un servizo de autobús (prazas limitadas).

Depo Andainas ten por finalidade o impulso do turismo deportivo e a posta en valor da riqueza cultural, ambiental e etnográfica da provincia.

 

Rutas 2018

20 de maio: Depo Andaina das Neves

10 de xuño: Depo Andaina Moaña e Illas Cíes

8 de xullo: Depo Andaina do Castelo de Sobroso

9 de setembro: Depo Andaina da Serra do Candán

14 de outubro: Depo Andaina de Gondomar

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita ás Ruínas de San Domingos
1 de xullo a 31 de outubro
Museo de Pontevedra
Paseos pola Coruña literaria
20 de outubro
Centro Ágora