Evento: Josemi Carmona e Javier Colina - De cerca

Josemi Carmona e Javier Colina - De cerca
martes, 24 abril, 2018 - 23:00
Café Latino Ourense,
Ourense

Josemi Carmona e Javier Colina - De cerca

No XXII Festival de Jazz Primavera 2018

Josemi Carmona (guitarra flamenca) e Javier Colina (contrabaixo) firman a dúo unha conversación musical, un diálogo que de forma natural  fusiona e achega linguaxes distintas. 

Entre profundos ecos flamencos e o swing jazzístico que os caracteriza, guitarra e contrabaixo reúnense para explorar un repertorio concibido con gran finura. Pezas populares de raíz latinoamericana altérnanse coas sempre elegantes composicións de Josemi.

De Cerca conta coa colaboración -fundamental no proceso de creación- de Bandolero (percusión e palmas).