Evento: Enredando con Pakolas
Enredando con Pakolas
Enredando con Pakolas
Libre ata completar capacidade
FalaRedes trae unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias. Un concerto en que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.
Enredando con Pakolas chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo FalaRedes

28 de xullo, 12:00
Edificio Cultural A Senra - Bergondo - A Coruña

1 de agosto, 20:00
Praza do Floreal - Cedeira - A Coruña

4 de agosto, 11:30
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato - Paradela - Lugo

5 de agosto, 20:00
Praza do Corgo - O Grove - Pontevedra