Evento: Noche Sabinera

  • Noche Sabinera
Noche Sabinera
sábado, 1 decembro, 2018 - 21:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Noche Sabinera

A banda de Joaquín Sabina en concerto

Os músicos de Sabina escoitaron que os dos Rolling Stones adoitaban facer unhas jams especiais nalgún club das cidades que visitaba a mítica formación. Entón decidiron chamar a Pancho Varona e montar un concerto da banda de Sabina en Barcelona, aproveitando a visita do cantautor ao Sant Jordi. Así naceu en 2006 a Noche Sabinera.

Máis de 10 anos despois, a Noche Sabinera fixo xiras por toda España e parte de América, dando a posibilidade a calquera de sentirse Sabina por un día á beira do seu equipo grazas ao formato que divide o show en dous partes: na primeira os músicos repasan algúns dos temas que compuxeron xunto a Joaquín Sabina, e na segunda convidan o público a escoller unha canción do repertorio para cantar con eles.

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños