Evento: Sementeira do millo 2018
Sementeira do millo 2018
Sementeira do millo 2018
Festividade arredor da plantación deste cereal
Música, teatro, mostras e obradoiros serán algunhas das actividades coas que Matamá lembre as labores de plantación do millo coa súa Sementeira do millo, organizada polo colectivo Malaherba.
O sábado é a quenda das Olimpíadas do campo, nas que haberá probas como o lanzamento de sacho ou boina. O domingo será a saída de carro de bois e a labranza e feira tradicional, xunto coa propia sementeira do millo, feita polos nenos e nenas asistentes.
O programa complétase con distintas actuacións teatrais e musicais, para todos os públicos.
Ligazóns