Evento: Los Hermanos Cubero

  • Los Hermanos Cubero
Los Hermanos Cubero
sábado, 14 abril, 2018 - 20:30
Café & Pop Torgal,
Ourense

Los Hermanos Cubero

Concerto do grupo de bluegrass manchego

A idea de mesturar o folklore manchego co bluegrass xenuinamente americano é algo que posiblemente só estaba na cabeza de Los Hermanos Cubero. O resultado é atractivo e sorprendente a partes iguais. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionaron con mestría as súas influencias e déronlles forma a través das súas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical.

O broche de ouro póñeno as súas letras punzantes e cargadas de mensaxe, camufladas con moito arte mediante unha sátira que adoptaron do cancioneiro tradicional deste país e en concreto da Alcarria, a súa terra á que recorren frecuentemente a modo de musa.

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5