Evento: A banda da loba en concerto

A banda da loba en concerto
domingo, 7 xullo, 2019 - 23:00
Praza do concello,
Palas de Rei

A banda da loba en concerto

Bailando as rúas

A banda da loba está integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto: Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Andrea Porto (baixo e guitarra), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Estela Rodríguez (violín).

Destaca a creación dun repertorio propio baseado en cancións da súa autoría como en musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

Bailando as rúas é o título do seu primeiro disco, que saíu á rúa en decembro de 2017, cando comezaron a xira de presentación por toda Galicia.

Máis eventos de tipo Concerto

Depedro
4 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Bad Manners + The Eskarallas
15 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións