Evento: Fíos

  • Fíos
Fíos
sábado, 7 abril, 2018 - 18:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Fíos

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro (27 de marzo)

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro, a Biblioteca de Galicia organiza esta representación Fíos, a cargo da compañía Baobab Teatro. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que non para de coser recibe visitas, as veces esperadas e outras non, pedíndolle axuda. Coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

En Fíos as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que só quere namorar, a Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e a Tito que descubrirá que quere ser maior.

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Público: Todos os públicos ( a partir de 3 anos)

Horario: 18:00 h

Duración: 50 minutos

Prazas: 120

De balde, precisa inscrición na web

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés