Evento: Auga, o sangue da terra
Auga, o sangue da terra
Auga, o sangue da terra
Unha exposición do proxecto Corrente cultural
A exposición fotográfica Auga, o sangue da terra recolle fotografías de Manuel Valcárcel. Fai un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes.Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca do lucense río Lor son algúns dos lugares fotografados.
A mostra é unha das actividades do proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Está organizada polo Concello de Ribadavia, Abanca e Afundación