Evento: El gran viaje de estudios de García Lorca
El gran viaje de estudios de García Lorca
El gran viaje de estudios de García Lorca
Un libro sobre a primeira visita de Lorca a Galicia
O Vello Cárcere acolle a presentación do libro El gran viaje de estudios de García Lorca, unha edición ilustrada e anotada ao coidado de Henrique Alvarellos que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta (cartas, telegramas, artigos ou fragmentos do seu primeiro libro Impresiones y paisajes, de 1918), publicado por Alvarellos Editora. Esta viaxe suporá o primeiro contacto de Lorca coa lingua galega, que culminaría cos seus Seis poemas galegos.
O evento incluirá un recital de textos de Federico García Lorca e Luis Mariscal e unha proxección das imaxes da viaxe.