Evento: Cinema de historias
Cinema de historias
Un contacontos para nenos e nenas de mais de 3 anos a cargo de Raquel Queizás, co título:
"CINEMA DE HISTORIAS"
Unha maleta vella esconde, como se de unha "cápsula do tempo" tratásese, os recordos dunha nena chamada Alice, unha gran contadora de historias, que de maior fascinada pola maxia da imaxe en movemento, chegará a ser a primeira persoa en dirixir cinema.
CINEMA DE HISTORIAS pretende descubrir as nenas e aos nenos o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias. Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Teremos ocasión de viaxar no tempo para ver fragmentos das primeiras películas e das primeiras animacións.
Máis eventos de tipo Espectáculo