Evento: Rozalén

Rozalén
sábado, 6 outubro, 2018 - 21:00
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Rozalén

Cuando el río suena...

Rozalén converteuse nunha das principais cantautoras de España, cativando ao público e á crítica cos seus tres traballos. Conta con tres Discos de Ouro e o recoñecemento ao álbum do ano por Apple Music no ano 2015, entre outros premios.

Ademais, é unha importante activista social, defendendo coa súa música os dereitos das minorías e comunidades máis desfavorecidas. É por iso que en todos os seus concertos vai acompañada por Beatriz Romero, a súa intérprete de lingua de signos, que interpreta todas as cancións mentres ela canta, para que así as persoas con discapacidades auditivas tamén poidan gozar dos seus concertos. 

En setembro de 2017 presentou o seu álbum Cuando el río suena…, disco co que alcanzou o número 1 da lista de vendas española e actualmente é xa Disco de Ouro. Durante 2018, a artista realizará unha xira presentado este traballo por España e gran parte de Latinoamérica.

 

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
14 de xuño
Casa da Cultura de Bertamiráns