Evento: Concerto de violíns e violonchelos

Concerto de violíns e violonchelos
xoves, 11 abril, 2019 a venres, 12 abril, 2019
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Concerto de violíns e violonchelos

polos alumnos do Método Suzuki Coruña

Volven os alumnos do Método Suzuki Coruña para a deleitarnos e facernos cómplices do seu CONCERTO DE VIOLÍNS E VIOLONCHELOS

Os nenos e nenas aprenden a tocar co Método Suzuki, o cal se basea na aprendizaxe de tocar un instrumento musical coma se da lingua nai se tratase. Por iso empezan a unha idade tan temperá, de oído, por imitación e practicando cos seus pais en casa. Realízanse os concertos para poñer en práctica o que aprenden e para que se motiven!

E de novo serán dous concertos no Salón de actos da Biblioteca

XOVES 11 de abril, ás 18:00 horas. Concerto de violins e violonchelos pre twinkle, é decir, os máis pequenos. Salón de actos.

VENRES 12 de abril, ás 18:00 horas. Concerto de violíns e violonchelos dos maiores. Salón de actos. 

Entrada libre ata completar aforo

 

Máis eventos de tipo Concerto

Taibo
8 de maio
Rúa Nova, 22
Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Resis Festival 2025
10 de maio
Museo de Belas Artes