Evento: VI Ciclo de conferencias Pobos colombinos de España
VI Ciclo de conferencias Pobos colombinos de España
O parador Conde de Gondomar acolle o VI Ciclo de conferencias Pobos colombinos de España, entre os días 27 de febreiro e o 1 de marzo.
O doutor en Historia e Premio Planeta Juan Eslava Galán será o encargado de abrir o ciclo de conferencias co seu relatorio sobre Os segredos de Colón. Eslava Galán é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Granada e doutor en Letras cunha tese sobre historia medieval. Autor de estudos sobre Cristóbal Colón, na súa charla falará sobre o navegante e o debate sobre as súas orixes.
Ao día seguinte, 28 de febreiro, será a quenda de José Luis Curral, catedrático de Historia Medieval da Universidade de Zaragoza, cunha charla que ten por título De América a Baiona: a continuación do espírito de Reconquista. O escritor e catedrático é tamén fundador e foi presidente da Asociación Aragonesa de Escritores. Foi asesor histórico de Ridley Scott na película 1492. A conquista do paraíso. Como historiador publicou trinta e cinco libros.
O xoves día 1 de marzo Fernando García de Cortázar fala do Canto a unha España americana. O último relator é catedrático de Historia Contemporánea da Universidad de Deusto e director da Fundación Vocento. Escribiu máis de setenta libros.