Evento: Oscar Ibáñez & Tribo
Oscar Ibáñez & Tribo
En 1985, e durante a conmemoración do centenario do pasamento de Rosalía de Castro, Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, tocaba a Alborada de Rosalía de Castro e a Muiñeira de Chantada no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. A actuación foi un acontecemento histórico na música galega, xa que supuxo a entrada da gaita no ámbito académico.
Máis de 30 anos despois, Oscar Ibáñez, acompañado polo seu grupo Tribo, lembrará a Portela e a súa actuación - e a Rosalía -nun concerto no mesmo espazo. Sobre o escenario sonarán algunhas das pezas do repertorio de Portela, con novos arranxos para lle dar un toque fresco.
O concerto é promovido pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Fundación Rosalía de Castro.
Entrada de balde ata completar capacidade
Máis eventos de tipo Concerto