Evento: Oscar Ibáñez & Tribo

  • Oscar Ibáñez & Tribo
Oscar Ibáñez & Tribo
martes, 20 febreiro, 2018 - 21:00
Paraninfo da USC - Facultade de Xeografía e Historia,
Santiago de Compostela

Oscar Ibáñez & Tribo

Alborada de Rosalía de Castro. Ricardo Portela, In Memoriam

En 1985, e durante a conmemoración do centenario do pasamento de Rosalía de Castro, Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, tocaba a Alborada de Rosalía de Castro e a Muiñeira de Chantada no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. A actuación foi un acontecemento histórico na música galega, xa que supuxo a entrada da gaita no ámbito académico.

Máis de 30 anos despois, Oscar Ibáñez, acompañado polo seu grupo Tribo, lembrará a Portela e a súa actuación - e a Rosalía -nun concerto no mesmo espazo. Sobre o escenario sonarán algunhas das pezas do repertorio de Portela, con novos arranxos para lle dar un toque fresco.

O concerto é promovido pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Fundación Rosalía de Castro. 

Entrada de balde ata completar capacidade 

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal