Evento: Divinas Palabras Revolution

  • Centro Dramático Galego
Divinas Palabras Revolution
domingo, 8 xullo, 2018 - 19:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Divinas Palabras Revolution

O Centro Dramático Galego trae a escena unha das obras mais representativas de Valle-Inclán

Hai máis de 30 anos, no momento da fundación do Centro Dramático Galego, a intención da súa dirección era a de inaugurar a súa actividade coa posta en escena, en galego por primeira vez, de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán.

Con todo, os seus herdeiros non permitiron a tradución da obra, polo que a idea mantívose detida ata que neste ano se liberaron os seus dereitos. É por iso que o Centro Dramático Galego levará a escena a obra, rebautizada como Divinas Palabras Revolution

Nas tres funcións programadas os días 15, 22 e 29 de abril, o CDG pon en marcha un novo servizo, denominado Domingos de Conciliación, para todas as persoas con nenos/as ao seu cargo que queiran asistir ao espectáculo. Esta iniciativa –incluída no prezo da entrada– consiste nun obradoiro de artes escénicas na Fundación Granell, para idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, onde os rapaces e rapazas poden pasar unha tarde entretida mentres os seus maiores asisten a Divinas Palabras Revolution no Salón Teatro.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Galicia Escena Pro
26 de maio a 31 de maio
Rúa Nova, 34
Castelao, un corazón á intemperie
30 de maio
Casa da Cultura
Poncia
30 de maio
Avenida do Burgo das Nacións