Evento: A historia extravagante de Hipo e Gavante
A historia extravagante de Hipo e Gavante
No ano 2014 Cristóbal López Gándara compuxo esta suite sinfónica sobre o conto homónimo de Nono Granero, para que os máis pequenos e as súas familias podan disfrutar da música.
A historia segue a un Hipopótamo que cansou de vivir no mesmo recodo do río, polo que decidiu tomarse unhas vacacións no mar. Na praia atópase con Gavante, un bogavante tímido do que se fai amigo. Pero como toda amizade, ás veces ten que pasar por algunhas dificultades.
Os diferentes movementos que forman a suite, nos que se vai intercalando o texto e a música, son os seguintes:
1. Obertura
2. Bossa nova no aire
3. Hipo coñece o mar
4. O encontro
5. Festa tropical
6. A discusión do café
7. A tempestade
8. Epílogo de amizade
Actividade narrada por Nono Granero e dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.
Máis eventos de tipo Concerto