Evento: Xornada informativa sobre o programa Erasmus+
Xornada informativa sobre o programa Erasmus+
A xornada está especialmente dirixida ás persoas que traballan nas bibliotecas, nos museos e nos arquivos de Galicia, tanto do eido público coma do privado.
O obxectivo é informar sobre as posibilidades que Erasmus+ ofrece para que este tipo de institucións poidan formular e financiar proxectos de formación formal e non formal, tanto proxectos de mobilidade como asociacións estratéxicas.
Os relatorios completaranse coa exposición de varios proxectos galegos de éxito.
O programa será o seguinte:
09.00 h Inauguración da xornada
09.30 h Erasmus+. Bases do programa
10.15 h A educación das persoas adultas nas políticas europeas
11.00 h Pausa café
11.30 h Erasmus+ e a internacionalización das institucións de formación de persoas adultas: accións clave
12.30 h Mesa de boas prácticas: proxectos desenvolvidos en Galicia.
13.30 h Clausura da xornada
Para poder asistir, debe enviar o formulario de inscrición antes do día 10 de xaneiro. A capacidade está limitada a 175 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O día 11 de xaneiro enviarémoslle un correo electrónico, de ser o caso, coa confirmación da súa praza.
Para calquera dúbida, pode contactar con Mar Nogueira, asesora de Asuntos Culturais Europeos da Secretaría Xeral de Cultura, no enderezo electrónico mar.nogueira@xunta.gal ou no teléfono 881 995 021.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso