Evento: Día do Usuario/a da Biblioteca
Día do Usuario/a da Biblioteca
Con motivo do Día do Usuario e da Usuaria, o 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convida a todos os seus usuarios a participar nas actividades conmemorativas previstas na biblioteca:
. Visitas guiadas á biblioteca, ás 10 e ás 17 horas para todos aqueles que desexen coñecer os servizos, espazos e coleccións cos que conta.
. Nomeamento de Socios de Honra 2018, que recaerá nos tres usuarios infantís e nos tres adultos con máis préstamos durante 2017. Un nomeamento que lles outorgará o privilexio de que ao longo de todo o ano 2018 poderán retirar en préstamo un maior número de obras. A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o próximo Día do Usuario, o 11 de xaneiro de 2019.
. A todos os que se acheguen á biblioteca o 11 de xaneiro incrementaráselles o número de obras que se poden levar en préstamo. Tamén se farán sorteos de lotes de libros e outros materiais entre os usuarios que ese día leven máis préstamos, e regalaranse marcapáxinas.
. Entrega de premios aos Socios de Honra 2018. O martes 16, ás 12:00 horas, no vestíbulo da biblioteca farase entrega de lotes de libros aos tres socios de honra infantís, aos tres socios de honra adultos e tamén aos usuarios que durante o día 11 levasen en préstamo o máximo de documentos permitido.
11 de xaneiro, Día do Usuario
16 de xaneiro. Entrega de premios aos Socios de Honra 2018. Salón de actos