Evento: Románticos e románticas galegas
Románticos e románticas galegas
Románticas e románticos da melodía galega
O programa mostra un percorrido por algunha das pezas máis significativas do romanticismo galego para voz e piano, conferíndolle un especial protagonismo a catro personalidades destacadas da época: Marcial del Adalid e Juan Montes e Rosalía de Castro.
Cantares e cantigas, baladas e poemas, mistúranse nunha evocación constante ao pobo, as costumes, ao sentimento e as tradicións, que serven a súa vez como fonte de inspiración dun repertorio romántico galego que, cos seus elementos diferenciais, constitúe un corpus musical e poético de importancia crecente dentro do panorama cultural do noso país.
As figuras xa consolidadas, Adalíd o Montes, engádese para a ocasión a de Eugenia Osterberger. Unha figura recentemente recuperada do esquecemento nun amplo estudo realizado polas investigadoras Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos, e da que nos consta un escaso repertorio publicado tanto para piano como para voz e piano, e do que damos cumprida mostra neste programa, centrándonos neste caso nas composicións en lingua galega, se ben musicou tamén textos en italiano ou francés.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



