Evento: Píscore
Píscore
Concerto singular de catro prestixiosos músicos fronte a 16 baquetas e unha soa marimba
Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Roseira e Pablo Cabanelas. Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse xa non vai ser tan fácil.
Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia gestual.
Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar a público de todas as idades, apelando todo o máis clásico do humor e do sketch musical.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra