Evento: Radio Bulebule

Radio Bulebule
sábado, 14 abril, 2018 - 18:00
Pazo da Cultura,
Pontevedra
Concerto infantil da man de Paco Nogueiras

Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Radio Bulebule defínese como a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Dentro dela, din, soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra