Evento: A Gramola Gominola

A Gramola Gominola
martes, 26 decembro, 2017 - 18:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns,
Sada

A Gramola Gominola

Presentando o seu novo libro-CD Cancións para desafinar

A Gramola Gominola é unha banda dentro do mundo da música infantil que nace coa inquedanza de facer rock para nenas e nenos de 0 a 99 anos, con letras adaptadas ao público máis pequeno e con música para todas as idades.

O grupo está formado por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Múñoz (batería).

No seu repertorio hai temas con diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, punk ou reggae.

Cancións para desafinar é o seu segundo álbum, un libro-CD con música desenfadada para bailar a ritmo de rock, punk, gospel ou funk. 

 

Máis eventos de tipo Concerto

The Toasters
4 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ariel Rot
5 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23