Evento: Nabiza Girl

Nabiza Girl
sábado, 24 novembro, 2018 - 21:00
Val do Dubra,
Val do Dubra

Nabiza Girl

A superheroína rural leva o seu espectáculo a Cee

Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, é unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida. Os seus poderes proveñen do sulfato!

Actriz, clown e pedagoga teatral, Isabel Risco formouse con mestres coma Eric de Bont, Jango Edwards, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Ángel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espello Cóncavo, Os Sete Magníficos máis Un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padre Casares, A vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O show dos Tonechos, En pé de festa, Zapping comando, Máxima audiencia, Land Rober ou Tourilandia; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longametraxe, como Os mortos van ás présas, Onde está a felicidade? ou 9 Ondas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos