Evento: MITIC

  • MITIC
MITIC
domingo, 17 decembro, 2017 - 20:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

MITIC

Espectáculo que mostra unha nova forma de entender a gaita galega

MITIC é o proxecto pioneiro dos irmáns galegos Álvaro e Suso Costas que despregará unha nova forma de entender a gaita galega.

Os irmáns Costas contan coa colaboración de 13 reputados artistas, coa intención de conseguir a evolución social dun instrumento que estivo ligado sempre á música tradicional desde a súa expansión no século XIII.

No espectáculo versionan temas míticos como Still loving you de Scorpions, The show must go on de Queen, Living on a prayer de Bon Jovi, Sweet child of mine de Guns N’ Roses, Gabriel's oboe de Ennio Morricone, Hotel California de Eagles ou My way de Frank Sinatra, entre outros moitos. Nestes temas á gaita acompáñana outros instrumentos como batería, baixo, piano, guitarra, violín, saxofón, trombón ou trompeta. 

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense