Evento: Nacidas libres

  • Nacidas libres
Nacidas libres
sábado, 17 febreiro, 2018 - 20:30
Teatro Principal de Ourense,
Ourense
Espectáculo teatral a cargo de Contraproducións

Dirección: Cristina Domínguez

Autor: Cándido Pazó

Elenco: Susana Dans, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Rocio González

Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais:
 "A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago".
 Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración...
 Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións. Un espectáculo para pensar e desfrutar, emocionarse e divertirse.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

SOLO
30 de abril, 20:30
Teatro Principal da Estrada - A Estrada - Pontevedra
Los perros
30 de abril, 21:00
Pazo da Cultura de Carballo - Carballo - A Coruña
4x 4
2 de maio, 20:30
Auditorio Gustavo Freire - Lugo - Lugo
CUBO
3 de maio, 18:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña