Evento: Oliver Laxe presenta a edición en DVD e BluRay de Mimosas

Oliver Laxe presenta a edición en DVD e BluRay de Mimosas
xoves, 14 decembro, 2017 - 20:00
NUMAX,
Santiago de Compostela

Oliver Laxe presenta a edición en DVD e BluRay de Mimosas

A edición conta coa versión orixinal do filme en árabe con subtítulos ao galego e español.

Para celebrar a saída á venda, o mércores 13 de decembro, da edición especial limitada en formatos DVD e BluRay de Mimosas ميموزا (Zeitun Films), a Libraría NUMAX acolle a presentación oficial do pack, coa presenza de Oliver Laxe.

A coidada edición de Mimosas, que sae ao mercado da man de NUMAX Distribución e Cameo, conta con dobre copia, en formato DVD e BluRay, do filme que gañou o Grand Prix Nespresso na Semaine de la Critique - Cannes 2016. A edición conta coa versión orixinal do filme en árabe con subtítulos ao galego e español.

Nos materiais extra do pack inclúense, tamén en DVD e BluRay, a mediametraxe París #1, coa que Oliver Laxe se deu a coñecer internacionalmente, mellor documental galego no Festival Play Doc de Tui en 2009, e proxectada en certames de prestixio como o BAFICI, IndieLisboa International Film Festival ou l'Alternativa, Festival de Cine Independiente de Barcelona.

Os extras inclúen o tráiler de Mimosas con subtítulos en español e a edición dun libro moi especial: La debilidad de creer, diario de rodaxe de 112 páxinas a cargo do guionista do filme, Santiago Fillol.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Xornada Hispanidad
21 de xuño
Museo Militar da Coruña
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde