Evento: Afiando con humor
Afiando con humor
Sergio Pazos estrea unha nova proposta na que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: O Afiador.
Quén sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por él? Ourense é coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores.
Os afiadores galegos sempre viaxaron polo mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban. Sergio Pazos métese na pel dun deles para contarlle a xente quen son, de onde veñen e a onde van os afiadores.
Un espectáculo de narración oral basado nos afiadores, onde se pretende dignificar, recuperar, e falar da sua vida, unha vida dura, solitaria as veces, pero unha vida chea de orgullo. E iso sí, unha vida chea de historias, algunhas lonxanas, outras moi cercanas. As veces tensas, as veces tenras, as veces tristes, as veces cómicas, pero todas moi humanas, e con moito sentimento galego.
O afiador, o primeiro emprendedor, o primeiro autónomo, o primeiro emigrante, como dirían naquel anuncio da televisión: “tres en uno”. Esta personaxe intentará sacar “chispas” de humor falando dos afiadores, das personaxes populares e tamén, por que non, da actualidade mais divertida. Iso sí, con humor galego, retranca e historias moi nosas.
É ou non é?
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios


