Evento: Pitusa Semifusa e os estilos musicais
Pitusa Semifusa e os estilos musicais
Pitusa Semifusa e os estilos musicais
Novo espectáculo musical para achegarlle o rock, funky ou reggae á cativada
O libro-disco Pitusa Semifusa vía a luz en 2014 (Sonárbore, ed. Galaxia) co obxecto de ensinarlles ás cativas e cativos as familias de instrumentos de forma divertida. Dende aquela, Pitusa Semifusa percorreu unha morea de escenarios facendo as delicias da cativada cun espectáculo moi participativo.
Desta volta, coa presentación do novo libro-disco e novo espectáculo "Pitusa Semifusa e os estilos musicais", o rock, o funky, o reggae, etc. acompañarán ás máis pequenas e pequenos cun espectáculo cheo de enerxía.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto