Evento: El tesoro de Barracuda

El tesoro de Barracuda
xoves, 26 decembro, 2019 - 18:00
Pazo da Cultura,
Carballo

El tesoro de Barracuda

Espectáculo de monicreques a cargo de A la sombrita, Teatro de Títeres

Nesta tarde de teatro, que tal un  paseíño en barco? E unha historia de piratas?

Esta historia é a do capitán  Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro. Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a  truáns, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas.

Barracuda e os seus levan anos buscando o famoso tesouro do pirata Phineas Krane. Pero, cando o atopan, resulta ser só un libro... Pero que vai facer un grupo de piratas analfabetos cun libro? Aquí empeza a nosa historia, na que os piratas máis feros do Caribe terán que aprender a ler, e deberán  espabilarse se queren, finalmente, atopar o verdadeiro tesouro. No camiño, descubrirán tantas cousas que as súas vidas cambiarán para sempre.

Todo isto contaránolo Chispas, o  grumete do Cruz do Sur, o galeón pirata de  Barracuda.

Preparádevos para a aventura, que zarpamos!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Transeúnte
30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Chafallas, a vendedora de fume
2 de maio, 20:00
Centro Social Abanqueiro - Boiro - A Coruña
O dragón de ouro
2 de maio, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Dance Join
2 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo