Evento: El Cascanueces

  • El Cascanueces
El Cascanueces
mércores, 17 xaneiro, 2018 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol

El Cascanueces

O gran ballet de Nadal

O ballet, un dos máis coñecidos do compositor romántico Tchaikovsky, con coreografía orixinal de Lev Ivanov e libreto de Marius Petipa, deriva dun texto de Alejandro Dumas, quen se inspirou á súa vez no soado conto de E.T.A. Hoffmann El cascanueces y el rey de los ratones.

Baixo a forma de conto infantil -os bonecos que cobran vida a noite de Nadal e arrastran á nena protagonista a vivir máxicas aventuras-, o ballet é unha fábula de espírito do Nadal que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos.

Coas Estrelas do Teatro de Bolshoi e máis de 40 bailaríns en escena, esta produción do Moscow State Ballet acompañado pola Orquestra Sinfónica Estatal Rusa captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico atemporal que apela a calquera xeración.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos