Evento: Mordem

Mordem
sábado, 4 novembro, 2017 - 21:00
Sede Afundación A Coruña,
A Coruña

Mordem

Primeiro concerto dentro do programa do proxecto Acreativa

Afundación iniciará o vindeiro sábado 4 de novembro o primeiro concerto do proxecto Acreativa con Mordem, a nova proposta artística da cantautora coruñesa Elba Fernández que inicia tras a súa etapa anterior como Jane Joyd. Acreativa nace como un novo programa de Afundación que ten como obxectivo presentar as novas tendencias e vangardas culturais. A iniciativa inclúe actividades dos máis diversos ámbitos: arte, música, deseño, sector audiovisual, gastronomía ou divulgación, e dará un especial protagonismo aos novos creadores, fomentando a conexión e interacción entre distintas disciplinas.

Nesta primeira cita musical, Elba Fernández presentará a súa nova etapa artística baixo a denominación de Mordem, nome que se extrae dun poema de Rosalía de Castro, e o primeiro disco deste novo proxecto musical, Fragments to Dominate the Silence. Neste traballo, publicado o pasado 29 de setembro, a cantante coruñesa achégase a novos sons próximos ao trip hop, ao novo R&B, o ambient, o pop ou o dream pop, camiñando cara a un estilo máis nórdico e menos americano. A temática transversal aos dez temas que compoñen o álbum, con letras escritas pola propia Elba, é todo aquilo que calamos e que en consecuencia conduce á soidade, ao individualismo e á destrución. Así, as letras abordan temas tabús como a morte, a tolemia e a perda, ou problemas universais como a identidade ou a contaminación co obxectivo de enfrontar ao ser humano coa súa propia fraxilidade.

Entrada: 10 euros

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5